Profesor Titular de Universidade
Área de Arqueoloxía
Departamento de Historia, Arte e Xeografía
Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 29
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 268
fermin@uvigo.es
Liñas de investigación
Breve CV
É arqueólogo, Licenciado en Xeografía e Historia pola USC (1985), coas especialidades de Historia Antiga e Prehistoria e Arqueoloxía, e Doutor pola mesma Universidade (2000), onde acadou o Premio Extraordinario de Doutoramento. Bolseiro de investigación predoutoral nas Universidades de Coimbra e Braga (1987-1988) e no Departamento de Historia I da USC (1989-1990).
Acada en 2003 a categoría actual de Profesor Titular de Universidade. Tamén é profesor Titor da UNED, no Centro Asociado de Ourense, desde 2006.
Investigador Principal do extinto Grupo “Arqueoloxía Aplicada” (2003-2011), actualmente forma parte do Grupo de Investigación GEAAT, onde desempeña funcións de coordinador xeral. Ten dirixido varios Proxectos de I+D de investigación, escavación e musealización arqueolóxica, destacando os dos xacementos romanos de Noville en Mugardos (1988-1989), Toralla en Vigo (2002-2009), Armea en Allariz (2011-2012) e o actual de Currás en Tomiño (2013).