Departamento T14

Castro de Astariz

Castro de Astariz
Castro de Astariz
Castro de Astariz

PROXECTO 2017

A finalidade principal desta campaña 2017 de intervención arqueolóxica e posta en valor é dar continuidade (a medio e longo prazo) ao proxecto xeral de investigación e revalorización patrimonial iniciado en 2016. Isto é:

  • Incrementar o coñecemento arqueohistórico dunha etapa pouco estudiada na comarca do Ribeiro (época galaicorromana) e dun tipo de xacemento (castros mineiros e/ou viñateiros) que tamén resultan inéditos na comarca.
  • Conseguir datar e caracterizar este tipo de xacementos, mediante a escavación arqueolóxica, a análise estratigráfica e o estudo de materiais.
  • Difusión e rendemento sociocultural, especialmente a nivel local, dos resultados do proxecto, mediante política de “aberto por obras”, visitas guiadas ás escavacións, divulgación na rede (web, blog, etc), divulgación cultural comarcal (charlas, conferencias), publicacións locais (folletos, carteis) e publicacións no ámbito científico (artigos en revistas, comunicacións en congresos, etc).
  • Valoración patrimonial dos resultados da intervención (estruturas arqueolóxicas atopadas, grao de conservación, etc.) para poder deseñar novas campañas de escavación e un plan viable de musealización do xacemento.

Parte destes obxectivos foron atinxidos mediante a campaña inicial 2016, alomenos parcial ou preliminarmente (datación aproximada do xacemento, caracterización e estudio do lagar rupestre, visitas guiadas e divulgación local no blog, presentación de comunicación nun congreso científico, etc), pero outros non tanto.

En consecuencia, os obxectivos concretos pretendidos para esta campaña 2017 poderían ser os seguintes:

  • Perseverar no coñecemento histórico e caracterización arqueolóxica do xacemento, mediante a continuidade dos labores de limpeza e desbroce e, sobre todo, a escavación arqueolóxica en área daqueles sectores do castro que amosan unha meirande potencialidade patrimonial.
  • Conseguir deixar á vista sectores significativos e suficientemente amplos de estructuras arqueolóxicas antigas para, unha vez debidamente estabilizadas e protexidas, poder deseñar un plan viable de musealización ao ár libre.

Web do proxecto