Andrea Mouriño Schick

SCOPUS | ORCID

É investigadora predoutoral do grupo I+D de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) contratada pola Xunta de Galicia na Área de Prehistoria da Universidade de Vigo. Asemade forma parte do Grupo de Innovación Docente en Educación Patrimonial (GIDEP) da mesma institución e da asociación internacional sobre estudos de xénero en Arqueoloxía AGE (Archaelogy Gender of Europe).
Na actualidade combina a docencia co desenvolvemento da súa tese de doutoramento, no marco da Arqueoloxía Pública e os estudos de xénero, sobre os discursos xerados arredor da Prehistoria do Noroeste Peninsular dende unha perspectiva de xénero dentro do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural (Universidade de Vigo).

 

Iria Souto Castro

SCOPUS | ORCID

Graduada en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo coa especialidade en Historia Antiga, realizou o mestrado en profesorado en CC.SS: Xeografía e Historia. Posteriormente, realizou varios cursos de Exiptoloxía na Universidade de Murcia, así coma estadías predoutorais na Universidade de Birmingham e en Oxford. Así mesmo, participou en conferencias en Ourense, A Coruña, Madrid, Zaragoza, Murcia, Birmingham e Berlín así coma en diversas publicacións. Coma complementos da súa formación, especializouse en Exipcio Tardío (Período Ramésida), relixión exipcia e Historia antiga de Exipto. Participou nun proxecto/curso arqueolóxico en Luxor e actualmente está a finalizar a tese de doutoramento no programa da UVigo en Protección do Patrimonio Cultural.