Miguel Ángel Álvarez Vázquez
SCOPUS | ORCID
Licenciado en Ciencias Ambientais (ULE, 2011); Máster en Química Avanzada (UVigo & USC, 2012) e en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (UVigo, 2013). Doutor polas universidades UVigo, USC, UDC, UTAD, UMinho & UAVR (Marine Science, Technology and Management, Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar, 2017). Impartiu docencia nos graos en Xeografía e Historia (materias da Área de Xeografía Física), Educación Primaria (Didáctica das CC. Experimentais) e Educación Infantil (Xeografía).
Investigador no Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio, GEAAT (UVigo), membro do Grupo de Innovación Docente en EducaAcción Patrimonial, GIDEP (UVigo).
Autor de obras colectivas, artigos científicos en revistas indexadas e comunicacións a congresos, relativas a procesos de interrelación sociedade-natureza en base a trazadores xeoquímicos; alteracións de orixe natural e antropoxénico nos sistemas fluviais; e patrimonio natural e cultural relacionado cos ambientes fluviais. Actualmente desenvolve a súa investigación como bolseiro posdoutoral (Xunta de Galicia) ao redor da trazabilidade da pegada humana en rexistros fluviais.
Palabras chave: Xeografía Integrada, Historia Ambiental, Quimioestratigrafía, pequenos ríos.
Ildiko Csepregi
SCOPUS | ORCID
Historiadora de relixión, con formacion en filoloxía clásica e en historia medieval (PhD: 2007, Central European University; 2008: European Doctorate in the History of the Mediterranean, Universitá Ca’ Foscari, Venezia)
Durante 20 anos estudei en varios aspectos a transformación dos rituais pagáns na antigüidade tardía, especialmente no campo dos lugares sacros, os cultos de curación, ex votos, o concepto de enfermidade e a literatura dos milagres, ou a hagiografia dos santos sanadores. Neste tema publiquei e disertei sobre moitos aspectos, o meu primeiro libro enfócase na historia da incubación, o seu desenvolvemento como practica e como literatura desde Asclepio ata os santos medicos bizantinos. Actualmente estou a traballar sobre o concepto de pecado e enfermidade na antiga Grecia. Logo involucreime máis en temas afíns, como soños e visións, espazo sacro, peregrinacións, historia da medicina e aínda máis tarde o desenvolvemento da dinámica dos milagres na Idade Media. O meu segundo libro foi a colección de milagres de santa Margarita de Hungría e temas relacionados co seu canonización e a súa figura como princesa, monxa real, e unha santidade en vida centrada sobre as súas tarefas feminiles. A miña ultima publication é un ensaio na ‘Companion to Medieval Miracle Collections’, Brill, 2021. Entre 2002-2018 detentei postos investigadores en diferentes universidades europeas (Warburg Institute, Fondation Hardt, Marie Curie fellowship, Wellcome Institute, CSIC, Harvard University, University of Reading, European Science Foundation, ERC) e impartín cursos de mestria e doutoramento na Central European University sobre temas varios temas de historia medieval e antiga.
Eduardo Méndez-Quintas
Investigador posdoutoral Xunta de Galicia-Modalidade B no Grupo de Estudos de Arqueoloxia, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo, así como do Institute of Evolution in Africa (IDEA) da Universidade de Alcalá de Henares. Centra as súas investigacións na Prehistoria antiga europea e africana. Especificamente traballa no estudo das poboacións humanas con tecnoloxía achelense do Plistoceno Inferior y Medio, así como da análise dos patróns de distribución e afeccións tafonómicas sobre os xacementos arqueolóxicos.
Desenvolve actividade docente no Grao de Xeografía e Historia da Universidade de Vigo, no Master Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade sediado na Universidade de Santiago de Compostela, e ten participado noutros programas de posgrao como o Mestrado en Arqueología da Facultade de Letras da Universidade de Lisboa.
Desenvolve as súas investigacións en diferentes xacementos paleolíticos peninsulares como El Sotillo (Ciudad Real), Cuesta de la Bajada (Teruel) o Siega Verde (Salamanca) e máis especialmente na conca del río Miño. Nesta zona lidera os proxectos de investigación de diferentes xacementos achelenses como Arbo, Porto Maior ou Gándaras de Budiño. Así mesmo é codirector da “Italo-Spanish Archaeological Mission at Melka Kunture and Balchit” (Etiopía) e membro do equipo de investigación do “The Olduvai Paleoanthropology and Paleoecology Project (TOPPP)” da Garganta de Olduvai (Tanzania).
Forma parte do equipos de traballo ou é Co-IP de diferentes proxectos de investigación nacionais e internacionais, como “Economía de materias primas, patrones de conducta y ocupación del territorio asociados al desarrollo tecnológico en la garganta de Olduvai (Tanzania)” (HAR2017-82463-C4-2-P), “Variabilidad del comportamiento del Homo erectus durante el Pleistoceno Inferior en el Altiplano Etíope en Melka Kunture (Etiopia)” (Fundación PALARQ, anos 2019-21), “Variabilidad del comportamiento humano durante el Pleistoceno Medio en Europa: coexistencia del Achelense y el Paleolítico Medio en la Península Ibérica” (PGC2018-093612-B-I00), “Tradición, evolución y coexistencia en los tecnocomplejos paleolíticos del Pleistoceno Medio de la Península Ibérica” (CEN154P20), ou “The Early Acheulean (~2.0-1.7 million years ago) at Melka Kunture on the Ethiopian Highlands” (Leakey Foundation, ano 2022). http://www.melkakunture.it // https://ideamadrid.com
Iria Souto Castro
SCOPUS | ORCID
Patricia Valle Abad
SCOPUS | ORCID