Elena Pilar de Uña Álvarez

Profesora Titular de Universidade

Área de Xeografía Física
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 31
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 137
edeuna@uvigo.es

 

Liñas de investigación

 

Breve CV

Doutora en Xeografía Física pola Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1993 é profesora Titular de Xeografía Física na Facultade de Historia (Departamento de Historia, Arte e Xeografía), no Campus de Ourense da Universidade de Vigo. Actualmente desenvolve a súa docencia na área de Xeografía Física, impartindo materias do Grao en Xeografía e Historia, do Mestrado Universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural e do Mestrado Universitario de Formación do Profesorado no Campus de Ourense.

Directora do extinto Grupo de Investigación I+D “Investigación en Recursos e Patrimonio” (HF1 UVI) no período 2000-2010, pertence desde 2011 ao Grupo GEAAT como Investigadora principal. Participa en diversos proxectos de investigación desenvolvendo as liñas de Xeomorfoloxía, Patrimonio, Dinámica territorial e Sistemas eco-sociais (ambiente, natureza e sociedade) sendo desde 2005: “Paisajes erosivos de evolución temporal prolongada en áreas estables” (CGL2004-06516/BTE/2004-2007); “El valor del lugar en la nueva Geografía rural” (SEG2005-01587/GEOG, 2006-2008); “Turismo, territorio e identidad” (CSO2009- 11793, 2010-2012); “Alto Támega-Accións na Paisaxe Patrimonial (INOU2013); “Reconversión, revalorización y reinvención de espacios turísticos interiores” (CSO2013-41374-R, 2014-2016); “Estado do Patrimonio Xeomorfolóxico na contorna termal da cidade de Ourense” (INOU2015); “Documentación, delimitación, estado de conservación e valoración científica e patrimonial do xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis” (INOU2019); e “Turismo de Interior en España- Retos, valorización y estrategias ante situaciones cambiantes y de crisis” (CSO2016-74861-R/2017-2020).
Ata xaneiro do 2020 é autora de máis de cen publicacións científicas relacionadas coas súas liñas de investigación, tendo dirixido máis de corenta traballos académicos (Traballos Fin de Grao, Traballos Fin de Máster e Teses Doctorais).

Forma parte do Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial (GIDEP) da Universidade de Vigo, e no ámbito da transferencia e divulgación da investigación participou: nas edicións do Forum de Innovación e Investigación Universitaria- Expouniversitas (2018-2020 Universidade de Vigo); no grupo de traballo “Espacios Naturales y Turismo-Estrategia 2030” (SEGITTUR 2019); no Observatorio de Investigación no Rural (2019 Ourense Rural Summit); e nas actividades do EXXperimenta en Femenino (Programa de axudas para o fomento da cultura científica, tecnolóxica e da innovación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología FECYT, FCT-18-13122, 2019-2020 Universidade de Vigo).