Alba Antía Rodríguez Nóvoa

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia e Mestrado en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente combina a súa tese doutoral con diferentes actividades e investigacións no marco do GEPN. A súa obra xira arredor da olería da zona do Miño na Idade do Ferro.

 

Marta Lago Cerviño

SCOPUS | ORCID

Titulada en Conservación e Restauración de Bens Culturais, especialidade en materiais arqueolóxicos, pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Mestrado Universitario en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble. Universidade de Vigo.
Comezou a súa vinculación co Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Vigo no ano 2004, dentro do proxecto de Investigación e Musealización da Villa Romana de Toralla” (Vigo), continuando ligada á UVigo na execución e dirección dos traballos de conservación no Conxunto Rupestre do Monte do Señoriño-Armea, A Cibdá de Armea e San Salvador dos Penedos (Allariz). Así como tratamentos de conservación e restauración de material cerámico procedente do xacemento romano de Currás (Tomiño) ou dos fondos do Museo Massó (Bueu). Actualmente dirixe os traballos de conservación e restauro que se van desenvolver proximamente no campamento romano de A Ciadella (Sobrado dos Monxes).

 

Patricia Valle Abad

SCOPUS | ORCID

Patricia Valle Abad (Darmstadt, 1988). Investigadora predoutoral do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo. Desenvolve súa investigación en torno ás necrópoles costeras do Noroeste peninsular na antigüidade. Participa activamente en diversos proxectos de investigación, entre eles o “Proxecto de limpeza, intervención e rexistro arqueolóxico no xacemento alto medieval del Castelo de Mouresiños (San Salvador dos Penedos, Allariz)”, ou o “Proxecto de escavación e consolidación no xacemento de Armea (Santa Mariña de Augas Santas, Allariz)”, ou o “Proxecto de intervención arqueolóxica, documentación fotogramétrica e dinamización cultural da necrópole de Medeiros (Monterrei, Ourense) e o “Proxecto de intervención e restauración de A Cerca-Muro de Búbal (Oímbra-Monterrei).