Rosa Brañas Abad
SCOPUS | ORCID
Profesora Asociada de Historia Antiga
Licenciada en Xeografía e Historia nas especialidades de Historia Antiga e Prehistoria e Arqueoloxía (USC 1988 e 1989). Graduada en 1995 cunha tese de lincenciatura sobre Historia Antiga de Galicia e Doutorada en Xeografía e Historia (USC 1999) na mesma especialidade.
Profesora interina de materias de Historia Antiga na Facultade de Historia de Ourense en 2007-2008, e profesora asociada dende 2015. Profesora-titora da UNED en materias de Historia Antiga dende 2010 nos Centros de Pontevedra e A Coruña. Formadora en Patrimonio Histórico-Arqueolóxico na empresa privada dende 2011.