M. Celia Adrián Rodríguez

SCOPUS | ORCID

Titulada Superior en Música polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e Graduada en Xeografía e Historia pola UVigo. Obtivo no 2007 o Certificado de Aptitude Pedagóxica na Universidade Complutense de Madrid.

O seu interese pola interdisciplinariedade lévaa a cursar en 2012 o Mestrado en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea pola USC e no eido musical, entre outros moitos cursos de formación pedagóxica e de interpretación, destaca a realización dun Curso de Especialización de Acordeón en MUSIKENE, para o que foi seleccionada en 2014. Exerce seu labor docente como funcionaria de carreira no Conservatorio Profesional Ourense. Actualmente é estudante do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural na UVigo.

 

Susana Blanco Rodríguez

SCOPUS | ORCID

Licenciada en historia no ano 1999, realiza o Curso de Aptitude Pedagóxica no ano 2000.

No ano 2014 cursa o Máster en Historia, Territorio e Patrimonio. No 2020 atópase realizando a súa Tese de Doutoramento na UVigo e traballando como informadora turística na cidade de Soria e guía eventual no xacemento Arqueolóxico de Numancia.

 

Laura Casal Fernández

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Administración e Dirección de Empresas e en Historia, nesta última coas especialidades de Historia Antiga e Arqueoloxía. Mestrado en Tecnoloxías para a Protección do Patrimonio Cultural Inmoble.
Premio de Excelencia Académica da UVigo (EIDO).

Estadía de Investigación na UNIARQ (Lisboa). Participou en varios Proxectos de I+D de intervención arqueolóxica en xacementos como o castro de Armea en Allariz ou Río Barbanza e Porto Traveso na Serra do Barbanza.

 

Cátia Daniela Longras Cardoso

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Gestão do Património (2016) pola Escola Superior de Educação do Politécnico do Porto. Posgraduada en Comunicação, Arte e Cultura (2017) polo Instituto de Ciências Sociais da Universidade do Minho.

En 2019 terminou o Ciclo de Mestrado em Património, Artes e Turismo Cultural pola Escola Superior de Educação do P. Porto. En 2018 integrou a equipa de Investigadores Estudantes do Centro de Investigação & Inovação em Educação da ESE – P. PORTO.

En 2019, pasou a integrar a equipa de Investigadores Colaboradores do mesmo centro de investigación e ingresou no Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña.

 

Ana Rita Gomes Costa

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Historia da Arte e Mestre en Historia da Arte e Património pola Universidade de Lisboa, posgraduada en Turismo pola Escola Superior de Turismo e Hostaleria de Estoril. Actualmente é estudante do Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña.Profesionalmente conta cunha prolongada experiencia en comunicación a través de diferentes medios que van dende a web ata a radio ou medios impresos. Ademais, tamén conta cunha importante experiencia laboral no eido do turismo.

 

Benito Márquez Castro

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia pola Facultade de Ourense (UVigo, 2010). Mestrado de Historia, Territorio e Patrimonio (UVigo, 2011). Participou en varios congresos de universidades españolas (UMA, UM, etc.) e ten varios artigos científicos publicados. Entre o 2015 e o 2019 foi concelleiro de Deportes, Xestión e Protección do Patrimonio Histórico, Transparencia e Novas Tecnoloxías na vila de Ponteareas. Na actualidade é profesor de secundaria no CPR Montesol (Coia, Vigo) e Concelleiro de Recursos Humanos e Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico na mesma vila, combinando a súa faceta laboral co desenvolvemento da súa tese de doutoramento no marco da chegada dos suevos á Gallaecia na Antigüidade Tardía, dentro do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Protección do Patrimonio Cultural (Universidade de Vigo).

 

María José Martínez González

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Historia pola Universidade de Vigo (2008). Coa tese (2012), “Monumentos funerarios Romanos en el Territorio de la Galicia actual: estelas, aras y placas”.
Colaborou en distintos proxectos de investigación como “A escavación e posta en valor do castro galaico-romano de Santa Lucia, Astariz (año 2016 y 2017)” ou o “Proxecto de Recuperación Patrimonial e Ambiental do Castelo de Lobarzán/Castro das Laxes das Chas (2019)”. A nivel profesional atópase traballando para a empresa de arqueoloxía Terra Arqueos S.L.

 

Nikole Mira Jorge

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Historia pola Universidade de Vigo, membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) asignada á especialidade de historia antiga.

 

Eduardo Breogán Nieto Muñiz

SCOPUS | ORCID

Licenciado na Facultade de Historia de Ourense (UVigo, 2000) Diploma de Estudos Avanzados (UVigo, 2003), tres veces bolseiro da Consellería de Cultura no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense (2002 e 2005) e profesor invitado na Facultade de Historia de Ourense (2012-2013).
Arqueólogo profesional (2003) e fundador de Breogán Arqueoloxía (2010), dirixindo numerosas intervencións de salvamento e investigación, coma na necrópole rupestre de San Vitor de Barxacova (Parada de Sil, 2010-2018), vila romana do Bouzadoiro (Cabreiroá, Verín, 2015), Castelo do Casón (Ortigueira, 2015), Castro de Famelga (Cotobade, 2017), Castro de Santa Lucía de Astariz (Castrelo de Miño, 2016-2017) ou no Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense, 2019). Arqueólogo nas escavacións de Castromao (Celanova) entre 2000 e 2008 e participante en proxectos internacionais coma Berenike Project 2014 (Mar Rojo, Exipto, co Centro Polaco de Exiptoloxía do Cairo e a Universidade de Delaware). Actualmente é tamén arqueólogo municipal do Concello de Celanova (2018).

 

Nerea Ruanova Álvarez

SCOPUS | ORCID

Graduada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Fixo o Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato e o Mestrado Interuniversitario de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade. O seu traballo de fin de mestrado titorizado por Adolfo Fernández Fernández levou por título “Revisión e novas aportacións ás marcas de oleiro en Terra Sigillata Itálica e Sudgálica de Lucus Augusti”. Actualmente está a realizar a súa tese no programa de doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural da Universidade de Vigo.

 

Jessica Silvares de Dios

SCOPUS | ORCID

Grao en Historia pola Universidade de Salamanca, Mestrado en Arqueoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid, Mestrado de Profesora pola UVigo. Actualmente, compatibiliza a investigación como membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) con diversas campañas de escavación do Castro de Santa Lucía en Castrelo de Miño e noutros proxectos do GEAAT.

 

 

Martiño Xosé Vázquez Mato

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, onde cursa tamén os seus estudos de mestrado e doutoramento. Coa realización de varios posgraos no CSIC especialízase na aplicación das TIG en arqueoloxía. Ten publicado un libro e case dúas decenas de artigos científicos ligados co Patrimonio Cultural. Así como participado en máis dunha decena de proxectos de investigación e posta en valor do Patrimonio Arqueolóxico. Na actualidade exerce como docente no Máster da Universidade de Vigo en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural. Como investigador predoutoral do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio centra o seu traballo no estudo da denominada Cultura Castrexa, fixando especial atención no poboamento da Idade do Ferro no sur da provincia de Ourense.

 

 

Roberto Yebra Crespo

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo, compatibiliza a súa faceta de investigador no Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) co traballo no Servizo Municipal de Arqueoloxía do Concello de Ourense dende o ano 1998.

Actualmente está traballando no seu proxecto de tese de doutoramento “Poblamiento y minería romana en el cuadrante noroccidental de la provincia de Orense”, dirixida pola Prof. Milagros Cavada Nieto e polo Prof. Manuel Villanueva Acuña.

 

 

Shi Ying

SCOPUS | ORCID

Licenciada en xestión do turismo pola Universidade de Liaoning (China) entre os anos 2007 e 2011, cursou estudos de mestrado nesta mesma universidade na temática de Xestión do Turismo entre os anos 2011 e 2014.

Conta cunha importante produción científica sobre os retos sociais do turismo no seu país natal incluíndo entre os seus méritos múltiples artigos publicados, a participación de ata en dez proxectos de investigación e o rexistro de dúas patentes.