Departamento T14

Os estudos confirman a presenza de pintura rupestre prehistórica no concello ourensán de Vilardevós

Beatriz Comendador sinala que podería ser obra das primeiras sociedades agro-pastorís do Neolítico

“Representacións en tinta plana de cor vermella integrables dentro da denominada tradición de arte esquemática pintada e que poderían ser obra das primeiras sociedades agro-pastorís do Neolítico”.

Con estas palabras Beatriz Comendador, profesora da Área de Prehistoria e investigadora do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (Geaat) da Universidade de Vigo, fai unha primeira descrición da pintura rupestre atopada recentemente en Vilardevós.


Segundo explica Beatriz Comendador no marco do estudo deste achado, o 22 de outubro de 2017 “dous amantes da arqueoloxía da bisbarra de Monterrei, Bruno Rúa e José Luis Lozano, identificaron nun penedo motivos que non lles pareceron naturais”, dando aviso a esta profesora, coa que tiñan colaborado en diversas actuacións arqueolóxicas na comarca. Unha vez visitado o lugar, Comendador identificou as pinturas e informou ao Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, visitando posteriormente o lugar coa arqueóloga da delegación de Ourense e con Lara Bacelar Alves, especialista en arte rupestre e investigadora da Universidade de Coimbra, en Portugal, sendo identificados novos motivos.


Ler a noticia completa no DUVI