Departamento T14

Arranca a segunda campaña arqueolóxica en San Salvador dos Penedos

Durante dúas semanas realizarán sondaxes no seu castelo e necrópole altomedieval

Este luns, e por segundo ano consecutivo, membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo volveron ao xacemento de San Salvador dos Penedos, no Concello de Allariz, para continuar profundando no seu coñecemento histórico. Durante dúas semanas, sete persoas baixo a dirección científica de Patricia Valle e Adolfo Fernández traballarán sobre o terreo realizando sondaxes tanto na necrópole como no castelo deste enclave altomedieval.


A iniciativa enmárcase na estreita colaboración que desde hai varios anos une ao concello ourensán coa Universidade de Vigo en temas de investigación arqueolóxica, contando neste caso con financiamento da convocatoria INOU-17 do campus de Ourense e a Deputación Provincial e a colaboración do propio Concello de Allariz. Baixo o título Descubrindo o Allariz Vello. Revalorización patrimonial e paisaxista do xacemento do Castelo de Malpaso e a súa contorna, o proxecto, explican os seus responsables, continúa “tralos prometedores resultados obtidos o pasado ano”. O enclave, lembran, foi escollido para o seu estudo pola súa a priori “potencialidade enorme”, xa que nunca se escavara ata que tivo lugar a anterior campaña e “non hai xacementos deste tipo estudados en Galicia”, tal e como destaca Adolfo Fernández.


Ler a noticia completa no DUVI