Departamento T14

Susana Reboreda Morillo

Susana Reboreda Morillo

Departamento de Historia, Arte e Xeografía
Facultade de Historia
Universidad de Vigo

 +34 988 387 269
 


Liñas de Investigación

  • Homero e a mitoloxía grega
  • A muller na antiga Grecia

CV Resumido

Susana Reboreda Morillo (Vigo, 1962), doutora en Historia Antiga (1993) e arqueóloga), é profesora titular de Universidade na Área de Historia Antiga da facultade de Historia da Universidade de Vigo (1997) e decana da Facultade de Historia de Ourense. A súa traxectoria na Universidade percorreu todos os camiños que ofertaba a LRU (Ley Orgánica de Reforma Universidtaria 1983): bolseira pre e postdoutoral en Santiago de Compostela, no ano 1991 axudante de 1 etapa, no 1993 doutora, despois axudante de 2ª etapa e finalmente profesora titular de Universidade.

De xeito paralelo, tras a licenciatura adquiriu a formación teórica e práctica en arqueoloxía e prehistoria, ao realizar a especialidade e participar en diversas escavacións dende o ano 1986 ata o 1991.

A partir de ese ano no que é contratada pola universidade de Vigo, dirixe a súa investigación cara o mundo da Antigüidade grega, máis concretamente cara Homero e a mitoloxía grega, temática na que publica artigos e libros, e participa en congresos nacionais e internacionais.

Recentemente abre unha nova liña de investigación referida á muller na antiga Grecia, tanto no plano histórico como mítico e participa en proxectos de investigación internacionais, financiados polo ministerio, coa Universidade de Zaragoza e coa Universidade de Oviedo. A materialización desta liña tamén se reflexa nas súas publicacións máis recentes.