Emilio Abad Vidal

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coas especialidades de Xeografía Aplicada (1990) e Prehistoria e Arqueoloxía (1993). Dende o ano 1997 traballo como técnico de sistemas de información xeográfica (SIX) no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
Dende o CESGA participei en máis de trinta proxectos relacionados co manexo e xestión de información xeográfica en moi diferentes eidos; entre os cales, a aplicación dos SIX ao Patrimonio Cultural e en particular ao arqueolóxico, plasmouse en proxectos como o IDEpatri, Estrimnides ou Djehuty.

 

Enrique Alcorta Irastorza

SCOPUS | ORCID

Arqueólogo biscaíño nacido en Bilbao. Graduouse na Universidade de Deusto no 1982, doutorándose en 1997 na USC coa tese “Cerámica común romana de cocina y mesa de Lucus Augusti”.
Traballou na súa extensa traxectoria en xacementos da idade do Ferro como o Poblado de la Hoya (Laguardia, Álava) e no romano de Forua (Gernika, Bizkaia). Tamén conta con proxectos arqueolóxicos nas provincias de Ourense e Lugo. Membro do Grupo Larouco. Secretario da fundación Aquae Querquennae. Socio das empresas arqueolóxicas Groma, S.C. Traballos arqueolóxicos e Moenia. Arqueoloxía e Patrimonio.
Actualmente, é responsable do Departamento de Arqueoloxía e Historia do Museo Provincial de Lugo.

 

Nieves Amado Rolán

SCOPUS | ORCID

Arqueóloga profesional. Licenciada en Xeografía e Historia pola USC e posgrao co mestrado en Técnicas de Xestión Integral do Patrimonio Cultural, rama de Arqueoloxía (USC_CSIC_Xunta).
Foi colaboradora do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, da sección de Arqueoloxía do Museo das Peregrinacións de Santiago e do antigo “Laboratorio de arqueoloxía e formas culturais” do CSIC, hoxe Incipit.
Na actividade arqueolóxica profesional, abordou todo tipo de traballos como directora de proxecto, codirectora ou técnica. Tamén traballou nos eidos da documentación histórica aplicada ao patrimonio cultural e no campo da etnografía material e inmaterial.
Nos últimos anos colabora activamente en proxectos culturais desenrolados na Comarca de Monterrei, ligados ao asociacionismo cidadán, para a investigación, difusión, dinamización e defensa do patrimonio.

 

Juan Carlos Castro Carrera

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Xeografía e Historia pola USC, especialidade de Prehistoria e Arqueoloxía, completando posteriormente o programa de doutoramento “As sociedades prehistóricas do Noroeste da Península Ibérica” na mesma universidade. É director da sociedade Anta da Moura S.L. (fundada en 1992), e arqueólogo municipal de Pontevedra dende 2006.

Conta cunha longa traxectoria no mundo profesional, na que redacta, dirixe e coordina numerosos proxectos no eido do patrimonio cultural, principalmente o arqueolóxico, relacionados con escavación e conservación, rehabilitación, posta en valor, musealización, divulgación, planificación ou xestión.

Destacan a dirección e coordinación de distintas intervencións arqueolóxicas no xacemento romano de O Areal de Vigo, e as actuacións de escavación e rehabilitación de distintos túmulos funerarios neolíticos no Morrazo.

 

Natalia Cortón Noya

SCOPUS | ORCID

Diplomada en Conservación e Restauración de Bens Culturais na especialidade de Arqueoloxía (2007) e Licenciada en Belas Artes (2004), obtivo o Diploma de Estudios Avanzados en Prehistoria e Arqueoloxía no ano 2010 na UNED.
Conta cunha prolongada experiencia na que resaltan súas intervencións en xacementos como o Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños, A Coruña), os gravados rupestres de Peña Fadiel (Lucillo de Somoza, León), o Teatro Romano de Cartagena ou o Parque Arqueológico del Molinete (Cartagena, Murcia), ademais da realización de traballos de conservación-restauración de materiais pertencentes aos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Dentro da súa produción investigadora resaltan diversos artigoss sobre intervencións en patrimonios de alta sensibilidade, como “Non-invasive recording technologies for the study and conservation of prehistoric rock art: The Dolmen of Dombate”.

 

Adrián Folgueira Castro

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia pola USC, con orientación en arqueoloxía, prehistoria e historia antiga. Conta cunha sólida experiencia como técnico arqueólogo en diversas empresas dende o ano 2009.
Actualmente, atópase a cursar o “Máster en Métodos y Técnicas de Investigación Histórica, Artística y Geográfica” impartido pola UNED.

 

Juan Galiña Lorenzo

SCOPUS | ORCID

Con formación como técnico superior en Xestión Forestal e recursos do Medio Natural, gradúase en Xeografía e Historia pola UVigo no ano 2019 realizando prácticas arqueolóxicas no Castro de Armea, no Castro de Astariz e no Castro de Santome (Ourense).
Actualmente, atópase cursando o Mestrado de Arqueoloxía e ciencias de la Antigüidade (Universidade de Vigo / Universidade de Santiago).

 

Silvia González Soutelo

SCOPUS | ORCID

Doutora en Historia (especialidade Arqueoloxía romana) pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Graduada superior en Arqueoloxía pola Universidade de Barcelona (UB). Foi investigadora predoutoral da Xunta de Galicia e FPU (con estadías en París e Roma) e posdoutoral Juan de la Cierva do MICINN na Universidade Autónoma de Barcelona (UAB), adscrita a diversos proxectos de I+D MICINN e como membro do Grupo Internacional de Excelencia (SGR 1087 2009), con estadías nas universidades de Oxford, Aix-en-Provence ou Lisboa, entre outras, participando en proxectos arqueolóxicos internacionais e nacionais.
Profesora interina de Historia Antiga e Arqueoloxía na Universidade de Vigo (2011-2015), neste período vinculouse ao GEAAT, onde creou o proxecto arqueométrico ‘Marmora Galicia’; coordinou xunto co profesor F. Pérez Losada o proxecto sobre o xacemento de Currás (Tomiño); e foi membro do proxecto europeo H2020 “Crosscult”. A súa formación en investigación aplicada completouse cun contrato do programa Torres Quevedo (MINECO) no campo do patrimonio termal antigo. Na actualidade é investigadora contratada postdoutoral Tomás y Valiente da Universidade Autónoma de Madrid dentro do centro internacional MIAS (Madrid Institute for Advanced Studies) asociado á Casa de Velázquez.
As súas liñas de investigación principais céntranse no estudo da arquitectura romana e a explotación dos recursos naturais en época romana, fundamentalmente a auga (sistemas hidráulicos e uso e aproveitamento das augas mineromedicinais) e os materiais marmóreos do noroeste peninsular dende a antigüidade ata época medieval.

 

María Jesús Iglesias Darriba

SCOPUS | ORCID

Licenciada en Xeografía e Historia coas especialidades de Historia Antiga e de Prehistoria e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela.
Dende 1998, traballou como arqueóloga en diferentes administracións (Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra) e coas empresas privadas ADRO Arqueolóxica e ARES arqueoloxía e xestión do patrimonio cultural, chegando a dirixir numerosas intervencións arqueolóxicas, con especial incidencia nas cidades de Pontevedra e Vigo.

 

Aaron Lackinger

SCOPUS | ORCID

Investigador do GEAAT da Universidade de Vigo. Seu traballo, eminentemente práctico e experimental, xira en torno aos eixos de investigación e difusión arqueolóxica a través do uso das técnicas da arqueoloxía experimental da metalurxia.
A súa produción científica xira en torno aos mesmo temas contando con varios artigos en publicacións colectivas entre os anos 2011-2017.

 

Emmanuelle Meunier

SCOPUS | ORCID

Arqueóloga doutorada en Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Toulouse 2 Jean Jaurès (2018). O seu tema de investigación principal é a mineiría da protohistoria ao período Romano e a súa evolución ao longo destes períodos, dende o punto de vista das técnicas e do contexto socio-económico da actividade. O seu terreo de investigación doutoral foi o Macizo do Arize (Ariège, norte dos Pirineos) onde se atopan minas de cobre arxentífero explotadas entre o século IV a.C. e o inicio do século I d.C.

Dende o 2010, dedícase tamén ao estudo da mineiría antiga do estaño no Noroeste Ibérico, tema do seu mestrado defendido en Toulouse 2 Jean Jaurès. Ten agora un contrato posdoutoral no proxecto de investigación IberianTin (Univ. Nova de Lisboa; responsable Elin Figueiredo), enfocado no estudo de vestixios da mineiría antiga do estaño.

 

Celso Rodríguez Cao

SCOPUS | ORCID

Licenciado en Historia e Xeografía, cursou estudos especializados en Prehistoria e Arqueoloxía. Premiado coa Mellor Investigación Etnográfica outorgada pola Deputación de Ourense na primeira edición deste premio (2003), é membro do grupo de estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo. Entre as súas varias obras de campo arqueolóxicas podemos destacar a ponte romana de Ourense, as murallas romanas de Lugo e todas as escavacións desenvolvidas na zona de As Burgas.

 

Alba Antía Rodríguez Nóvoa

SCOPUS | ORCID

 

Licenciada en Historia e Mestrado en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente combina a súa tese doutoral con diferentes actividades e investigacións no marco do GEPN. A súa obra xira arredor da olería da zona do Miño na Idade do Ferro.

Elin Maria Soares de Figueiredo

SCOPUS | ORCID

Doutora en Ciencias da Conservación (2010, UNL, Lisboa, Portugal), Posgrao en Prehistoria e Arqueoloxía (2006, FL-UL, Lisboa, Portugal), 5 anos de grao en conservación e restauración (2004, FCT-UNL, Caparica, Portugal).
Investigadora da Universidade Nova de Lisboa, a súa área de investigación está na metalurxia antiga, acometometalurxia, arqueoloxía experimental e ciencias da conservación. Os traballos máis recentes céntranse no estudo da metalurxia a base de cobre de xacementos arqueolóxicos portugueses calcolíticos, da idade do bronce e da idade do ferro e na corrosión a longo prazo de aliaxes de cobre así como o bronce.