CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE POSTA EN VALOR DAS ESTRUTURAS ARQUEOLÓXICAS NO CAMPAMENTO ROMANO DE CIADELLA, EN SOBRADO DOS MONXES (A CORUÑA)

Etiquetas

CONTRATACIÓN DE SERVIZOS SUXEITO A REGULACIÓN HARMONIZADA DE POSTA EN VALOR DAS ESTRUTURAS ARQUEOLÓXICAS DOS EDIFICIOS 1-2 e 4 NO CAMPAMENTO ROMANO DE CIADELLA, EN SOBRADO DOS MONXES (A CORUÑA), COFINANCIADO POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (80%), NO MARCO DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020, OBXECTIVO TEMÁTICO 6, PRIORIDADE DE INVESTIMENTO 6.3, OBXECTIVO ESPECÍFICO, 6.3.1., ACTUACIÓN 6.3.1.1., POLO PROCEDEMENTO ABERTO CON PLURALIDADE DE CRITERIOS

Cinco contratos como conservador/a-restaurador/a técnico/a no Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Facultade de Historia do Campus de Ourense

Prazas :

1 praza como Técnico/a con funcións de co-dirección en conservación e restauración de bens culturais.

3 meses (01/07/2020 – 30/09/2020)

Lugar de traballo: Campamento romano de A Ciadella. Sobrado. A Coruña

Retribución mensual bruta aproximada: 1.962€

 

4 prazas como Técnico/a en conservación e restauración de bens culturais.

3 meses (01/07/2020 – 30/09/2020)

Lugar de traballo : Campamento romano de A Ciadella. Sobrado. A Coruña

Retribución mensual bruta aproximada: 1.567€

 

Titulación esixida para as dúas prazas:

– Título en conservación-restauración de bens culturais. Equivalente a Diplomatura.

– Licenciatura en Belas Artes con especialidade en conservación-restauración de bens culturais.

– Licenciatura en Bellas Artes con itinerario curricular en  conservación-restauración de bens culturais.

– Titulación Superior en conservación-restauración de bens culturais. Equivalente a Grado.

– Grado universitario en conservación-restauración de bens culturais.

 

Selección

O proceso selectivo consistirá na valoración do CV e da experiencia e capacitación do candidato/a e nunha entrevista persoal de ser necesario. A selección será resolta por unha comisión conformada por tres investigadores/as do GEAAT.

Primaranse :

– Praza de co-dirección:

  • Especialidade en Arqueoloxía.
  • Experiencia previa en dirección de traballos de conservación-restauración de xacementos arqueolóxicos.
  • Ter traballado con anterioridade en proxectos coa Universidade de Vigo.

– Prazas de Técnico/a:

  • Especialidade en Arqueoloxía.
  • Experiencia previa en traballos de conservación-restauración de xacementos arqueolóxicos.
  • Ter traballado con anterioridade en proxectos coa Universidade de Vigo.

 

Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de xuño de 2020.

Os interesadas/os deben enviar o seu CV completo en pdf ao seguinte enderezo de correo electrónico adolfo@uvigo.es indicando no encabezado á oferta á que se presenta:

-Praza de co-dirección

-Prazas de Técnico/a