Departamento T14
 
Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

O Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio -GEAAT- é un grupo de investigación da Facultade de Historia da Universidade de Vigo composto por 42 investigadores que aportan diversas perspectivas, todas ligadas ao estudo do territorio e os recursos naturais de Galicia dende a primeira ocupación humana ata época tardoantiga.

Este grupo está inserido no Campus da Auga, que ten como obxectivo dotar de personalidade e identidade científica propia ao Campus de Ourense a través da creación dun campus universitario con capacidade de proxección exterior e de creación de valor económico e social como motores de desenvolvemento no conxunto da provincia de Ourense, tendo sempre como base a temática da auga.

Calendario

Novembro 2017
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3