Campus da Auga

O GEAAT, H20 como código de grupo dentro da Universidade de Vigo, ten estrablecidas as súas liñas de actuación con respecto ao Plan Estratéxico para Ourense: Campus da Auga. Estas liñas de acción están artelladas á volta do patrimonio presente nas tres bacías hidrográficas da provincia de Ourense. Unha proposta que conecta estas zonas con investigadores que procuran nelas un enfoque diacrónico da paisaxe natural e cultural, promovendo a creación de valor social e económico dese patrimonio como motor de desenvolvemento territorial. Asemade a conexión por mar a través das desembocaduras de Miño e Limia, e a transrrexionalidade do Támega, permiten a súa internacionalización.

O Miño, o Limia e o Támega son as bacías hidrográficas ás que dende o GEAAT pretendemos acceder mediante a combinación de tres linguaxes diferentes: a Arqueoloxía e a Antropoloxía Cultural, as Ciencias da Antigüidade e a Xeografía e Xeomorfoloxía.Tres bacías con tres linguaxes para descubrir tres lecturas diferentes da auga: a auga entendida como recurso natural, como paisaxe cultural e como patrimonio.

Oferta de servizos segundo os clústeres de I+D+i do plan: